Cambiamos de web!

A nova dirección do Festival é agora www.cinestable.org

Esperamosvos alí con novas sorpresas!

Subvención da Agadic

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca axudas para a produción de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega, así como de videoclips. O prazo de presentación remata o 30 de abril MODALIDADES Serán obxecto de subvención os proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal en lingua galega cunha duración inferior a 30 minutos, [...]

Audio+Video

Xa temos dispoñibles na nosa canle de Vimeo as curtametraxes que concorreron a concurso na primeira edición de Cinestable para que os que viñestedes podades disfrutar de novo de todas as obras con calma, e tamén para os que non puidestedes vir vexades o que vos perdestedes Tamén temos dispoñibles as fotos realizadas humildemente durante [...]

FIN

Rematou o I Cinestable o festival de curtametraxes Creative Commons de Ordes e os premiados foron: Premio á mellor curtametraxe : Xogando con propiedade de AC Lucerna Premio á mellor curtametraxe en galego : RC14 de Dolores Iglesias Premio do público : Ordes, cidade de vacacións de Jesús Méndez Noraboa a todos os participantes, tanto [...]

Xurado

Xa temos dispoñible o xurado na sección Xurado da nosa páxina. Contamos entre outras persoas coa colaboración inestimable de Luisa Martínez Pazos actriz galega cun largo currículo así coma tamén contamos con Pablo Quinteiro xornalista, director de RadioOrdes e gran amigo de Inestable entre outros. Share on Facebook

Programa I Cinestable

Rematou o prazo para a entrega de obras o I Cinestable, festival de curtas creative Commons e queremos informarvos de que xa temos o programa confeccionado. A apertura de portas do festival realizarase ás 18.00 e as proxeccións comezarán ás 18.30 do vindeiro xoves 5 de Agosto. As curtametraxes a concurso proxectaránse a partires das [...]

Entrega das obras en man

Vaise achegando a data límite para as entregas os nervos dos últimos retoques, ese plano co que todos soñamos un aplauso unánime está a punto de ser proxectado! E co gallo disto dende a organización sabendo que o día 1 de agosto é domingo imos abrir o local social de Inestable dende as 16.00 ás [...]

Punset colabora con Cinestable

Unha boa nova para o festival, e que nos fai moita ilusión, é que Eduardo Punset, un dos divulgadores científicos máis importantes do noso país, colabora con nós nesta primeira edición do festival Cinestable entregándonos un exemplar firmado e adicado do seu último libro «El viaje al poder de la mente» . Con este libro [...]

Premio do público

Como podedes ver dende fai algúns días, na sección de premios engadiuse unha nova categoría: O premio do público. Este premio consistirá en que os asistentes á gala terán a opción de votar cal lles pareceu o mellor corto dos presentados ó concurso e así ter en conta a opinión popular e facer o festival [...]

Premios + Cartel

Acabamos de publicar as contías dos premios e as categorías nas que poderán participar todas as obras presentadas. Podedes consultar os premios na sección de premios do menú da dereita. Este ano decidimos presentar o premio do público mediante o cal tódolos asistentes poderán votar pola curtametraxe que máis lles guste e desta maneira participar [...]